O Día Mundial da Poesía con Sentimentos de cor

Para celebrar o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua expón no corredor do centro a escolma poética Sentimentos de cor. Os texos foron escritos polo alumnado de 2º A. Cada poeta tiña asignado un sentimento que debía relacionar cunha cor. Na súa composición debía integrar unha hipérbole, unha personificación, unha metáfora e unha comparación. Velaquí o resultado que amosa como as emocións se poden pintar, porque temos Sentimentos de cor. Animádesvos a detectar as figuras literarias?

 

O ENTUSIASMO

 

Co entusiasmo,

Co que non che dan espasmos.

Co entusiasmo prende

o lume dos teus ollos.

 

De cor vermella e amarela,

ilumínache por dentro coma a unha lámpada,

resplandeces co entusiasmo que che dá forzas

que co amarelo vai collido da man.

 

Un home ao entusiasmo pegado

cumpriu o seu soño sen espasmos

grazas ao entusiasmo

e así quedou feliz.

 

Oliver Pena Chao

A TRISTEZA

 

A tristeza cobre un mundo

dos sentimentos máis profundos.

A tristeza nos seus luceiros

da cor gris dos cabaleiros

 

As bágoas dos seus ollos

enchen un mar de tristuras,

nun universo sen tenruras

e cun baúl de sollozos.

 

A tristeza fala

dos pensamentos afastados

nos que todos pensamos

como se fósemos almas.

 

Inés Roca López

 

ODIO/NEGRO

 

Odio,odio,odio,

odio cando o sol dorme,

odio cando o ceo esta escuro

odio cando vai frío.

 

A lúa coma unha farola,

ilumina a rúa.

A lúa era a máis grande

que vin na miña vida.

 

O chapapote da noite,

tapa a miña alegría.

 

Sara López Vázquez.

 

Prepotencia

 

A prepotencia indicada

coa cor violeta,

esta abandonada

coma estar acatarrada.

 

 

A cor espertou

ao estar abandonada,

mirando os seus luceiros

con forza desesperada.

 

Zaira Campelo 2ºA

 

A ira

 

A ira é miña amiga,

aínda que tamén a miña enemiga.

 

Ela é moi rara.

ela moito se enfada.

 

Comparado co enfado

a ira é un rato.

 

Os ollos da ira son como rubís

pero a súa personalidade é a dun xabaril.

 

A ira é vermella,

ela é moi vella.

 

A ira é rarísima,

a ira esta tolísima.

 

                                       Xaime Rey Domínguez

 

EUFORIA                         

 

Euforia no entusiasmo

euforia na felicidade

síntome súper eufórico

eufórico de felicidade

 

Eufórico de adrenalina

por estar nunha guerra

guerra que eufórico me pon

durante 365 longos días

 

Guerra por todos os anos

espertarme e ir a clase

euforia cando é venres

e estrésome en “sociais»

 

Álvaro Núñez Morgade

 

ENFADO AMARELO

 

As súas perlas relucían

mentres o día escurecía,

o sol respiraba

mentres el se aclaraba.

 

Os seus luceiros

brillaban coma os faros en Oleiros.

Eran tan amarelas

que me levaron a enfadalas.

 

Nuno Aymerich Barredo de Valenzuela

 

A AMBICIÓN

 

A ambición

iso que uns teñen

e outros non.

A ambición hai que tela

para poder conseguir todo o que queiras.

 

A verde cor

que brilla como a herba baixo o sol.

A verde cor,

a cor da esperanza,

a cor que nos axuda todos a manter a calma.

 

A ambición é o mellor que podes ter

porque coa ambición os teus soños podes alcanzalos

non só soñalos

como a maioría fan.

 

A verde cor é a natureza

tranquila só cando ela queira.

 

David Domínguez Miranda

 

ASOMBRO E SORPRESA

O asombro

camiña polo meu ombro

no espazo sideral

créndose algo especial.

 

Este señor Asombro

vai da mao de Sorpresa

que sempre anda con présa.

A ver se atopan outro ombro!

 

Esta graciosa parella

anda a buscar unha cor

tan xigante e viva

como a daquela flor.

 

Flor que estás no banco,

flor que estas alí pescando,

flor que es branca,

e Sorpresa anda buscando a banca!

 

Asombro, onde estás?!

Eu sei que ti es un paspallás.

Andas sempre de troula,

e logo, búscasme na ouca.

 

Na ouca non estou.

Sempre buscas ao chou!

Mira pra riba, oh!

Son a luz da tormenta!

 

Como xa vexo que non dás,

na cor do lostrego me atoparás.

Si, non me mires así.

Son o azul eléctrico que anda tras de ti!

 

Tes o miolo de mosquito.

Mira que non dar comigo!

Os teus brancos luceiros, escangallados,

coma o meu sacabocados.

 

Remata a aventura de Asombro e Sorpresa,

Buscaban as súas amigas, azul e branca,

que tombadas están nunha praia de Bianca.

 

 

Ouca=alga

Bianca/UranusVIII=satélite de natural de Urano.

 

Rita Ardao

 

ANGUSTIA

 

Angustia. Branco

No branco papel hei recitar

o doce poema que has de escoitar.

Angustia.

 

Non gardes en botellas

o que non se te asemella.

Angustia.

Angustia, deixáchesme mal,

vai para non ferir máis,

desaparece do meu corazón

aínda que a ti xa está pegado.

Angustia.

 

Gardaches no faiado a alegría

xunto co medo e a valentía.

Angustia.

 

Encerráchesme nun branco cuarto

no que te sinto a cada rato

Sácame de aquí por favor,

pídocho con moita pavor.

Angustia.

 

Eu coma rato

e ti, coma gato;

perséguesme cando menos me aparto.

Angustia.

 

As miñas perlas vanse desgastando

cánsome de fuxir por alguén

que o meu tempo está gastando.

Angustia.

 

Borbála Lenze Álvarez

 

Vermello cor do amor

 

Vermello cor do amor,

vermello cor da dor,

vermello como un verme,

verme que non para de medrar.

 

As cores indícano todo,

como tamén os amorodos,

pero o amor non é como a dor,

mais teñen relación.

 

As persoas que teñen sangue frío,

que tamén perderon a súa vida.

Por iso canto esta canción,

aínda que o poema sexa, esa é a cuestión.

Xa que o amor non para de medrar

 

Hugo González González

 

ESCURIDADE

 

Agora estamos ben

e logo estamos mal

todo está escuro

non se ve na´

 

Todo escuridade

todo é negro

todo está escuro

non se ve na´

 

Vén a claridade

pero todo é escuridade

todo está escuro

non se ve na´

 

Toda a escuridade

parece o inferno,

no hai claridade

todo está morto

 

Todo está escuro

non se ve na´

 

FIN

Javi Queiruga

 

Mazá verde

 

Verde como unha mazá

coma a que eu che entrego

vida das ramas coma brazos

da miña maceira

O seu brillo deslumbra

desde aqué ata a illa de Madeira.

 

A mazá é moi grande

aínda que a dalgunha xente sexa farsante

A mazá é moi grande

aínda que a de outros sexa de verdade.

 

O verde puro da mazá

vai desvanecéndose rapidísimo,

pálida será a cor da súa pel,

nin todo o rímel o arranxará

o que nos espera deste

mundo que algún día se acabará

E o corazón da mazá dentro de

pouco podrecerá

 

Iker Naveira López

 

MOVEMENTO  LARANXA

 

De entusiasmo eu morro,

Un entusiasmo laranxa.

Laranxa coma os sinais de socorro.

Un movemento laranxa.

 

De entusiasmo está cheo o meu corpo,

Un entusiasmo laranxa.

Laranxa coma o meu gorro.

Un movemento laranxa.

 

Co meu gorro posto

Eu cruzo a franxa.

Unha franxa laranxa.

Meu movemento laranxa.

 

De tanto entusiasmo

Eu teño un trastorno.

Un trastorno laranxa.

Tan laranxa coma Mercurio,

Un universo laranxa,

 

Brilla dunha cor tan intensa

Que se tapa os ollos.

Un brillo laranxa.

Un movemento laranxa.

 

Efrén Nieto Conchado

 

 

 

 

 

CONXUROS GAÑADORES DO SAMAÍN 2017

Outro ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou o concurso de conxuros para festexar o Samaín. O proxecto de centro deste ano é «A paisaxe«, polo que os textos tiñan que esconxurar as forzas do mal que tentan destruír a nosa contorna. Velaquí o resultado, nun ano en que a vaga de lumes impactou o alumnado do IES Neira Vilas, aínda que tamén aparece a preocupación polo mar e polo lixo. Parabéns ás gañadoras de 1º da ESO, Lucía Gestoso, Brenda Franco e Marina Franco.

O LUME DO INFERNO

 

Se as nosas carballeira queremos conservar

e os nosos bosques non se volten queimar

este conxuro tes que recitar.

Furia do demo

fogo do inferno

grande e temeroso

afastade para sempre do noso entorno,

fuxirán as bruxas de acabalo

se non conseguimos apagalo

forzas da terra e do mar

que a chuvia veña

e molle a terra.

Sapos chepudos polos montes escuros

morcegos arrepiantes pola fraga errantes

ratas peludas nas guaridas

píntegas harpías polas augas frías

maldición da Santa Compaña

que os incendios no inferno ardan.

Lucía Gestoso Devesa, 1º ESO A

CONXURO PARA LIMPAR OS NOSOS MARES

Porcallada por alí, porcallada por alá

velo só dan ganas de chorar

mais este conxuro, vaino arranxar.

Pode ser difícil, non cho vou negar

pero coa axuda de todos

vámolo remediar.

Nin bolsas de plástico, nin botellas de cristal

cando rematemos só se vai ver o fermoso coral

nin papeis, nin noxento aluminio,

só quero ver os elegantes golfiños.

Porcallada por alí, porcallada por alá

os nosos mares hai que limpar.

Brenda Franco Vaccaro, 1º ESO A


OS INCENDIOS TERRORÍFICOS

 

Se ves un monte

que está a queimar

chama os bombeiros

e o fume poderán apagar.

Chama e chama,

chama con horror

colle a mangueira

e sopra con temor.

Galicia sempre foi moi bonita…

estes días houbo tan bo tempo

e os espíritos do fume viñeron

e arrebatáronnos o corazón.

Espíritos do fume

axúdanos por favor,

Galicia está quedando moi fea

entre queimaduras e dor.

Marina Franco Molina. 1º ESO A

CONXUROS DE SAMAÍN 2016

Este curso temos proxecto de centro: O Humano. Por ese motivo, o certame de conxuros de Samaín convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua galega tiñan como finalidade achegar fórmulas que servisen para humanizar o inhumano, o terrible, para reverter o efecto terrorífico de todas as forzas do mal. Os gañadores son: Pablo Castiñeiras Armada, María Rodríguez Mejuto e Javier Moya Sánchez de 2º C.

O conxuro que rompe muros

Se ves a unha persoa

á que non lle podes falar,

este gran feitizo os muros

poderá quebrar.

Primeiro nunha cousa

terás que pensar.

De pensamentos felices

a cabeza encherás.

Unha vez que o fagas

teste que relaxar;

se un está nervioso

non pode conversar.

Entón estas palabras

teraste que dicir:

“Romperei o muro

e falareille por fin”

E, de súpeto, maxia!

Rompeuse o muro!

Ese muro que é tan duro;

ese muro que xa non aturo.

Pablo Castiñeiras

Que medo!

ás oito da mañá,

que dá algún neno

coa cara embruxada.

Neste cemiterio

hai un esqueleto,

todos sabemos quen é

mais ninguén vai dicir nin che.

Hai algunha cabaza,

que non para de falar,

de tanto aburrimento,

vainos matar.

Tamén hai unhas bruxas,

de pelo louco despeinado,

máis un anano,

entre o profesorado.

Pelo de cogomelo,

serrín de Marín,

peixe atestado,

convértome en Serafín.

Con isto invoco,

a todos os monstros

a subirme a nota un pouco.

Virán os demos,

porque todos xuntos,

podemos!

 

María Rodríguez Mejuto

EVITAR A SANTA COMPAÑA

(CONXURO)

Espíritos dos mortos, alento das meigas,

pelos de gato, bostezo de lerpas.

Pesadelos inimaxinables, esperanzas perdidas,

desexos que xorden, desexos que perigan.

Ingredientes os seguintes, por favor non vos equivocades,…

Se a Santa Compaña temedes,

Primeiro, necesitamos un caldeiro de ouro,

que teña un señor louro.

Engadirlle ollos de demo, caldo de grelo.

En lúa chea, pelos de nena,

mocos de trasno, uñas de gato,

dentes de curuxa, néboa con bruma,

excrementos de xabaril, pluma de fénix ou colibrí,

corno de unicornio, sesos dun cristián morto,

carne de xigante, que a morte este conxuro non agarde.

Os que bebamos este beberaxe,

cando a lúa estea enriba do caldeiro,

en sete segundos beberás a poción.

Se non, o mal de ollo da Santa Compaña non evitarás,

ela aparecerá ante ti nunha noite infernal…

Javier Moya Sánchez

REESCRIBINDO A MANUEL MARÍA

Este ano o Día das Letras Galegas estivo dedicado ao poeta chairego Manuel María. Desde o noso instituto quixemos facerlle unha homenaxe que interactuase coa súa obra. Algunhas clases elaboraron poemas colectivos a partir dalgunhas palabras extraídas dos seus versos. Cada alumnX escollía unha palabra ao chou que Manuel María empregara na súa obra. 1º da ESO A colleu palabras da poesía social, 1º B da poesía intimista e de recreación da paisaxe mentres que 1º de Bacharelato creou o seu texto a partir da poesía amorosa. Coa palabra seleccionada cada un dos rapaces escribiu un verso que debía incluír o vocábulo elixido, sen pensalo moito para deixar fluír a imaxinación. Velaí van os resultados:

Por fin chegou á súa plenitude

a nosa lingua común é o que nos define

Saleta, adorada muller

nidia coma ninguén

hai que florecer na primavera

a súa beleza impoñente

como unha roseira en primaveira

a tenrura dos teus ollos faime suspirar

sempre dan ganas de espertar á luz do día

o cantar dos paxaros ao mencer

o amor é a luz que nos fai brillar

hai que defender máis a lingua

chama ás portas do seu corazón

ti es listo

cando o verdadeiro sentido arrima

gustoume ver o Culompai sobre o mar

 

1º BACHARELATO (A2)

 

Ao envellecer estamos máis preto da morte.

Esta chama non se disipa nin debaixo da choiva.

Soñar é disfrutar

mentres o sol guía o camiño.

O tentador pescozo para dar unha colleja

-ti es un paspallán.

Cando pasaba polo bosque vin algo sobrehumano

Saleta,  miña dozura de primavera

poderiamos querer algo así,

as flores florecen no campo

vivir a carón dos teus

tan común como a choiva en Galicia

coa túa tenrura enfeitízasme

amor descosido, corazón ferido…

o 23 de xuño celébrase san Xoán

con plenitude de xente

REESCRIBINDO A MANUEL MARÍA

É un xardín moi bonito

na cidade hai moitos casinos

as bágoas do ceo que caen ao mar

a nosa identidade escrita nun documento

a Alcaldía que bonita

familia, toda a miña vida

familia, todo o meu amor

o bando bo atrapou os ladróns

a nosa lei é normal

se miras cara arriba verás as estrelas brillar

non me gusta a sequía dos bosques

un paxaro ceibe como o vento

quioscos cheos de branco e negro

ti tes a licenza

a nena está espida

o neno ten que emocionar o bebé

hai garavatas de moitas cores

non podes prohibir

 

1º ESO A

REESCRIBINDO A MANUEL MARÍA

O mundo quedou en soedade

cando vas polo monte, vas polo paraíso

de nenez matáronme

deixar voar o teu soño

o aradiño é tan próspero como as flores de xazmín

unha casa de son e cores

terra de desexos

as brétemas do mar

miro cara o ceo e véxote a ti

e cada palabra que escribo cara a ti

que mellor que mexar na fonte!

Pilar enfádase cos meus asubíos

encántame ver os paxaros voar

o meu carro roubáronmo cando durmía

ti traballas no meu corazón

a rosa humilde do xardín.

 

1ºESO B

REESCRIBINDO A MANUEL MARÍA

Botei un salouco

son semellante a un aguacate

a miña habitación é un paraíso

o pobo morreu

un neno labrego

a Terra Chá é un pobo aquí e outro alá

as árbores da praza no outono amarelo e laranxa

o idioma está dentro de cada un de nós

e ademais ten fochancas como un roscón.

 

Déixame dicirche algo moi sinxelo

soa o vento e traballa o muiñeiro

o corazón está no meu peito

e ti, vén aquí que mexas por ti

vive a vida ao grande

polo día hai moita claridade

a brisa do mar

 

(1º ESO B)

CONXUROS ARREPIANTES DE SAMAÍN

Se vos gusta a literatura de terror hai moitos libros na biblioteca aos que podedes achegarvos. Pero tamén temos claros exemplos de autores entre o noso alumnado que lle dan ben ao xénero.  O Equipo de Dinamización da Lingua galega convocou polo Samaín un concurso de conxuros terroríficos. Os gañadores foron Noela Mato López, de 1º A e Javier Moya Sánchez de 1º B. Aquí podedes deleitarvos cos seus textos tremebundos:

O conxuro da meiga Peiga

comeza cunha pequena teima:

Se o instituto queres queimar

fala co avó de satanás,

se nunha ra a alguén converter

salta cinco veces diante del,

e nun cempés?

Cen!

Se queres un monstro de mascota mata trinta moscas tontas

e se queres un exame aprobar

tira unha chave ao chan

e se non o quero facer?

Chámame!

Non falo máis se non, remataremos mal, por xente coma vós

que dos malos conxuros abusa un montón!

Noela Mato López (1º A)

Cabazas malditas do pantasma negro,

dente do rei dos lobos,

lágrimas da desesperación dun neno,

sangue de gargona maldita (do brazo esquerdo, non do dereito),

pelo do señor das mates,

suor da madre terra,

corno bañado no río do rei,

sopa de caldo dun litro,

néboa da Santa Compaña,

porro de Circe,

ovo do basilisco da Idade Media,

área do corpo dun morto,

caca de harpía,

rata podre de sumidoiro,

oitenta ollos sanguentos da araña do inferno,

mocos do orco pestilente,

dentes mugrentes do lobo sanguinario,

orellas con cerume dunha vella arrugada,

ósos dun dragón asiático duns 459 e medio de idade,

o mono dunha cova embruxada,

picadillo de mosquitos e térmites,

baba da túa madriña,

auga da bendición pasada,

perfume da miña irmá,

pis de morcego, caca de camelo,

pelos do gato,

ancas duns sapos,

mocos dunha louca, ponme una boa nota,

e pata de formiga,

e que este conxuro todo o consiga,

ata anular as queixas da túa madriña.

 

Javier Moya Sánchez (1º B)

«Kitchen» de Banana Yoshimoto

índiceKitchen foi o primeiro libro da escritora xaponesa Banana Yoshimoto. Con este libro conseguiu darse a coñecer e gañar numerosos premios, converténdose así, nun dos libros máis coñecidos da literatura contemporánea xaponesa. Esta historia moi breve vai acompañada moitas veces doutro relato chamado Moonlight Shadow. A técnica de escritura é fácil de ler e directa. Narra todo o tempo en primeira persoa.

O libro relata a historia dunha rapaza xaponesa que tras a perdida da súa avoa, que era o seu único familiar vivo, múdase a casa de Yuichi, un rapaz da súa facultade. Tras un tempo vivindo alí Mikage, a protagonista, múdase e perde a pista das persoas coas que estivera vivindo uns meses ata que sabe da morte da nai de Yuichi. Tras o reencontro con Yuichi ocórrelles algo inexplicable para os dous.

Os protagonistas son: Mikage, Yuichi e Eriko. Mikage é unha rapaza que se sente moi triste dende a morte de seus pais, pero a morte da súa avoa foi a gota que colmou o vaso, aínda que a morte de Eriko tamén lle afectou moito. Yuichi é un rapaz, dentro do que cabe alegre, que de pequeno tivo que sufrir a perda da súa nai biolóxica, e de maior a morte de súa nai/pai, xa que coa morte de súa nai seu pai xa non se sentía cómodo co seu sexo e cambiouno. Eriko é a nai de Yuichi, e dende o cambio de sexo é unha persoa moi alegre que tenta animar ao seu fillo e que considera a Mikage coma unha filla.

Banana Yosimoto deléitanos cunha novela que representa un bon exemplo de cultura contemporánea xaponesa. Esta novela contén algo do estilo de Haruki Murakami, gran escritor xaponés, pero queda debaixo do nivel deste autor sendo unha lectura máis simple e menos refinada.

O éxito conseguido foi inmediato tras a publicación, o que lle valeu máis de sesenta edicións só en Xapón; aparte dos premios que colleitou: Newcomer Writers Prize en 1987, e o Izumi Kyoka en 1989. Existen dúas películas baseadas na obra.

Este breve relato que transmite tan profundamente os sentimentos de dor e da soidade na perda dun ser querido, cunha linguaxe tan simple e transparente que fai que case estiveras con Mikage no sofá dos Tanabe con esa pesadume. Aínda que non é un estilo que nos guste moito, o drama (da descrición desa perda), a verdade é que o libro gustounos a pesar de todo. Yoshimoto tenta mostrar a saída á dor dunha forma, á miña vista, bastante pobre. De feito gustounos o conto dentro de Kitchen, chamado Moonlight Shadow máis que a historia principal; vémoslle unha estrutura máis fácil de levar e ao ter un certo toque místico ou paranormal faina máis entretida.

                                                     970393     iris

Hugo Martínez Vázquez e Iris Vidal Vázquez (1º BACHARELATO)

«ARDALÉN» DE MIGUEL ANXO PRADO

FORRO-CARTONE-ARDALEN

Ardalén é unha obra xenial. Tras o seu paso polo apartado artístico do film De Profundis, o debuxante e autor de banda deseñada Miguelanxo Prado volve a demostrarse a si mesmo e a todos o que é capaz de facer.
O primeiro que destaca de Ardalén é o debuxo. Nesta obra, Prado utiliza un estilo que parece sacado dun caderno de debuxo a lapis para darlle vida á obra, sendo apreciábeis no debuxo cada un dos trazos que o compoñen. Ademais, este estilo tan peculiar axuda a crear esa atmosfera melancólica, tranquila e case de soño que predomina neste cómic.
En canto á idea xeral non é algo excepcional: Adela, a filla dun emigrado do que non sabe nada dende hai máis de 30 anos, viaxa a unha aldea para atopar respostas. Non obstante, o desenvolvemento da trama está levado dunha forma excelente, mesturando o tempo presente cos flash-backs e memorias de Fidel, un ancián que parece ter as respostas que Adela busca, pero que moitas veces e ata o final da historia, déixanos con dúbidas sobre o que é real e o que é froito das fantasías da súa mente.
En resumo, Ardalén é unha obra de arte que entra polos ollos grazas ao seu debuxo, e queda na mente pola súa historia, que tanto afeccionados ao cómic coma recén chegados a el deberían ler.

miguel_yañezMiguel Yáñez Lorenzo, 1º de Bacharelato

Se queres máis información sobre este autor coruñés, creador da mascota do Xabarín Clube e colaborador en series americanas de animación como Men in Black, podes consultar a seguintes ligazón: http://www.miguelanxoprado.com/

Tamén tes dispoñible a película De profundis: