Archivo de la etiqueta: recensión

«ARDALÉN» DE MIGUEL ANXO PRADO

FORRO-CARTONE-ARDALEN

Ardalén é unha obra xenial. Tras o seu paso polo apartado artístico do film De Profundis, o debuxante e autor de banda deseñada Miguelanxo Prado volve a demostrarse a si mesmo e a todos o que é capaz de facer.
O primeiro que destaca de Ardalén é o debuxo. Nesta obra, Prado utiliza un estilo que parece sacado dun caderno de debuxo a lapis para darlle vida á obra, sendo apreciábeis no debuxo cada un dos trazos que o compoñen. Ademais, este estilo tan peculiar axuda a crear esa atmosfera melancólica, tranquila e case de soño que predomina neste cómic.
En canto á idea xeral non é algo excepcional: Adela, a filla dun emigrado do que non sabe nada dende hai máis de 30 anos, viaxa a unha aldea para atopar respostas. Non obstante, o desenvolvemento da trama está levado dunha forma excelente, mesturando o tempo presente cos flash-backs e memorias de Fidel, un ancián que parece ter as respostas que Adela busca, pero que moitas veces e ata o final da historia, déixanos con dúbidas sobre o que é real e o que é froito das fantasías da súa mente.
En resumo, Ardalén é unha obra de arte que entra polos ollos grazas ao seu debuxo, e queda na mente pola súa historia, que tanto afeccionados ao cómic coma recén chegados a el deberían ler.

miguel_yañezMiguel Yáñez Lorenzo, 1º de Bacharelato

Se queres máis información sobre este autor coruñés, creador da mascota do Xabarín Clube e colaborador en series americanas de animación como Men in Black, podes consultar a seguintes ligazón: http://www.miguelanxoprado.com/

Tamén tes dispoñible a película De profundis: