«ARDALÉN» DE MIGUEL ANXO PRADO

FORRO-CARTONE-ARDALEN

Ardalén é unha obra xenial. Tras o seu paso polo apartado artístico do film De Profundis, o debuxante e autor de banda deseñada Miguelanxo Prado volve a demostrarse a si mesmo e a todos o que é capaz de facer.
O primeiro que destaca de Ardalén é o debuxo. Nesta obra, Prado utiliza un estilo que parece sacado dun caderno de debuxo a lapis para darlle vida á obra, sendo apreciábeis no debuxo cada un dos trazos que o compoñen. Ademais, este estilo tan peculiar axuda a crear esa atmosfera melancólica, tranquila e case de soño que predomina neste cómic.
En canto á idea xeral non é algo excepcional: Adela, a filla dun emigrado do que non sabe nada dende hai máis de 30 anos, viaxa a unha aldea para atopar respostas. Non obstante, o desenvolvemento da trama está levado dunha forma excelente, mesturando o tempo presente cos flash-backs e memorias de Fidel, un ancián que parece ter as respostas que Adela busca, pero que moitas veces e ata o final da historia, déixanos con dúbidas sobre o que é real e o que é froito das fantasías da súa mente.
En resumo, Ardalén é unha obra de arte que entra polos ollos grazas ao seu debuxo, e queda na mente pola súa historia, que tanto afeccionados ao cómic coma recén chegados a el deberían ler.

miguel_yañezMiguel Yáñez Lorenzo, 1º de Bacharelato

Se queres máis información sobre este autor coruñés, creador da mascota do Xabarín Clube e colaborador en series americanas de animación como Men in Black, podes consultar a seguintes ligazón: http://www.miguelanxoprado.com/

Tamén tes dispoñible a película De profundis:

O CAMPISMO

O alumnado de 4º de PDC fixo este estupendo cadáver exquisito. Ao xeito dos autores surrealistas da segunda década do século XX, entre todos deixaron fluír o seu subsconsciente neste xogo creativo. Colle un papel e escribe o primeiro verso que se che vén á cabeza. Despois pásao ao compañeir@, pero tapando a totalidade do teu texto agás a última palabra. Este terá que escribir o primeiro que se lle ocurra en relación á palabra lida. Despois tapa o que escribiu menos a última palabra do verso, e pásallo á persoa que está ao lado… así sucesivamente. Esperemos que vos saia algo tan orixinal como a 4º de PDC.

O CAMPISMO

O Tribunal supremo vén de certificar a irregularidade
do meu reloxo cuberto de area
da praia da miña terra querida á que tanto estraño
estraño é que non durmín en clase hoxe.
Hoxe pola mañá vin un porco voando
voando vai voando veño
veño dun lugar moi lonxe, do horizonte
terras fermosas, terras dos gabachos
estaban xogando ao CoD con Alberto
e estaban campeando
nunha franxa do terreo montañoso
nalgún lugar dos Pirineos vivía unha persoa alta.

4ºpdc.