Outro ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou o concurso de conxuros para festexar o Samaín. O proxecto de centro deste ano é «A paisaxe«, polo que os textos tiñan que esconxurar as forzas do mal que tentan destruír a nosa contorna. Velaquí o resultado, nun ano en que a vaga de lumes impactou o alumnado do IES Neira Vilas, aínda que tamén aparece a preocupación polo mar e polo lixo. Parabéns ás gañadoras de 1º da ESO, Lucía Gestoso, Brenda Franco e Marina Franco.
O LUME DO INFERNO
Se as nosas carballeira queremos conservar
e os nosos bosques non se volten queimar
este conxuro tes que recitar.
Furia do demo
fogo do inferno
grande e temeroso
afastade para sempre do noso entorno,
fuxirán as bruxas de acabalo
se non conseguimos apagalo
forzas da terra e do mar
que a chuvia veña
e molle a terra.
Sapos chepudos polos montes escuros
morcegos arrepiantes pola fraga errantes
ratas peludas nas guaridas
píntegas harpías polas augas frías
maldición da Santa Compaña
que os incendios no inferno ardan.
Lucía Gestoso Devesa, 1º ESO A
CONXURO PARA LIMPAR OS NOSOS MARES
Porcallada por alí, porcallada por alá
velo só dan ganas de chorar
mais este conxuro, vaino arranxar.
Pode ser difícil, non cho vou negar
pero coa axuda de todos
vámolo remediar.
Nin bolsas de plástico, nin botellas de cristal
cando rematemos só se vai ver o fermoso coral
nin papeis, nin noxento aluminio,
só quero ver os elegantes golfiños.
Porcallada por alí, porcallada por alá
os nosos mares hai que limpar.
Brenda Franco Vaccaro, 1º ESO A
OS INCENDIOS TERRORÍFICOS
Se ves un monte
que está a queimar
chama os bombeiros
e o fume poderán apagar.
Chama e chama,
chama con horror
colle a mangueira
e sopra con temor.
Galicia sempre foi moi bonita…
estes días houbo tan bo tempo
e os espíritos do fume viñeron
e arrebatáronnos o corazón.
Espíritos do fume
axúdanos por favor,
Galicia está quedando moi fea
entre queimaduras e dor.
Marina Franco Molina. 1º ESO A