Archivo de la etiqueta: concurso EDLg

CONXUROS ARREPIANTES DE SAMAÍN

Se vos gusta a literatura de terror hai moitos libros na biblioteca aos que podedes achegarvos. Pero tamén temos claros exemplos de autores entre o noso alumnado que lle dan ben ao xénero.  O Equipo de Dinamización da Lingua galega convocou polo Samaín un concurso de conxuros terroríficos. Os gañadores foron Noela Mato López, de 1º A e Javier Moya Sánchez de 1º B. Aquí podedes deleitarvos cos seus textos tremebundos:

O conxuro da meiga Peiga

comeza cunha pequena teima:

Se o instituto queres queimar

fala co avó de satanás,

se nunha ra a alguén converter

salta cinco veces diante del,

e nun cempés?

Cen!

Se queres un monstro de mascota mata trinta moscas tontas

e se queres un exame aprobar

tira unha chave ao chan

e se non o quero facer?

Chámame!

Non falo máis se non, remataremos mal, por xente coma vós

que dos malos conxuros abusa un montón!

Noela Mato López (1º A)

Cabazas malditas do pantasma negro,

dente do rei dos lobos,

lágrimas da desesperación dun neno,

sangue de gargona maldita (do brazo esquerdo, non do dereito),

pelo do señor das mates,

suor da madre terra,

corno bañado no río do rei,

sopa de caldo dun litro,

néboa da Santa Compaña,

porro de Circe,

ovo do basilisco da Idade Media,

área do corpo dun morto,

caca de harpía,

rata podre de sumidoiro,

oitenta ollos sanguentos da araña do inferno,

mocos do orco pestilente,

dentes mugrentes do lobo sanguinario,

orellas con cerume dunha vella arrugada,

ósos dun dragón asiático duns 459 e medio de idade,

o mono dunha cova embruxada,

picadillo de mosquitos e térmites,

baba da túa madriña,

auga da bendición pasada,

perfume da miña irmá,

pis de morcego, caca de camelo,

pelos do gato,

ancas duns sapos,

mocos dunha louca, ponme una boa nota,

e pata de formiga,

e que este conxuro todo o consiga,

ata anular as queixas da túa madriña.

 

Javier Moya Sánchez (1º B)